Bilbao 1965
De neno pasaba horas no taller de carpintaría de meu pai. Calquera lasca de madeira acabábase convertendo nun xoguete. Así comeza a miña relación co mundo da artesanía: transformando anacos de madeira en obxectos que a miña imaxinación me ditaba.
Co paso do tempo as madeiras aquelas foron substituídas por metais nobres, e aqueles xoguetes son hoxe xoias feitas á man, unha a unha, con todo o agarimo do mundo.
Todo o proceso de elaboración é totalmente manual, desde o bosquexo en papel, do que xurdirá o deseño de cada nova peza, ata os acabados, que a deixarán preparada para lucir do mellor xeito, o que me permite ter un coidado especial en cada momento.
Aviso legal · Política de privacidade · Condicións de compra
© 2020 Doa Joies