Pendentes de presión Cerne B02C

56,00 

Descrición

Pendentes de presión con forma de tronco que combina a cor branca da prata co negro do óxido.

22 x 8,50 mm; 6,50 g (aprox.).

Toda a produción faise manualmente desde o momento en que se recibe o pedido. Unha vez recibido o pedido, levarase a cabo nun prazo máximo de 10 días. O envío entregarase nun prazo de 2-3 días laborais no estado, 2-4 días en Europa, e outros destinos, segundo o país.