Arestas, ángulos, xeometría; conxunción suprema da arquitectura.
No medio da ría un bosque de cordas mergulladas.
O horizonte amosa unha paisaxe por descobrir despois da néboa da mañá.
Na palma de espiños, triunfante, a flor do cactus. Flor ou corazón?
A disección da árbore. A sobriedade do tronco e a delicadeza das follas.
Dous corpos seguindo o sinuoso movemento da danza.
Esas siluetas iluminadas representaban un teatro de sombras.
Despois de tanto traballo, o terreo cultivado danos o seu corazón.
Restos dun naufraxio, oxidados i envellecidos pola acción do mar.
Entre as pólas, un niño cálido.