O pagamento realízase con tarxeta de crédito: pagamento seguro con TPV de Caixabank.
O pagamento pódese realizar tamén mediante transferencia bancaria directa.
Toda a produción faise manualmente, desde o momento en que se recibe o pedido, nun prazo máximo de 10 días. O envío entrégase nun prazo de 2-3 días laborables no Estado, 2-4 días en Europa, e noutros destinos, segundo o país.
Non somos responsables dos posibles atrasos na entrega dos envíos por motivos alleos á empresa ou por datos erróneos ou incompletos do destinatario.
O produto comprado colócase dentro dunha caixa de xoiaría de cartón de medidas adaptadas ó tamaño do produto (perfecta se é para facer un agasallo). Esta caixa está debidamente protexida dentro dun sobre postal acolchado.
Os pedidos entréganse de luns a venres.
Os envíos poden ser tanto estatais como internacionais.
Os envíos a nivel estatal fanse de balde. O custo do envío a Europa é de 5€, e a outros destinos internacionais, de 7€. Os posibles gastos aduaneiros ou tarifarios adicionais nestes últimos corren a cargo do destinatario.
Os envíos realízanse a través do servizo postal estatal de Correos por carta certificada.
Neste caso o carteiro deixa aviso para que o cliente poida recollelo na oficina de Correos correspondente.
Se isto acontecer, comunícaselle ó cliente a imposibilidade de enviarlle o produto, e ten a opción de escoller outro ou recupera-lo importe pagado.
Se recibe o envío co sobre defectuoso ou aberto, debe rexeitalo indicándoo no albará de entrega. Se o envío chega en perfecto estado e a xoia mostra algunha anomalía na fabricación, debe poñerse en contacto connosco para proceder á súa substitución.
Se o produto non se enviou, cancélase o envío e devólvese o importe pagado. Se o produto xa se enviou, procédese como se explica na sección seguinte.
Se por algún motivo non está satisfeito co seu pedido ou desexa realizar un cambio por outro produto, ten un prazo de 14 días naturais desde a recepción do mesmo para proceder á súa devolución ou cambio. Pasado este período, non se aceptan devolucións nin cambios. O produto debe estar en perfecto estado, sen sinais de uso e na embalaxe orixinal. En caso contrario cancélase a devolución ou o cambio. Os gastos de envío de devolucións ou intercambios corren a cargo do comprador. Unha vez comprobado o bo estado do produto, procedemos ó reembolso ou ó cambio correspondente.
Aviso legal · Política de privacidade · Condicións de compra
© 2020 Doa Joies